Os enxeñeiros técnicos de telecomunicacións de Galicia reivindican o seu papel, a ciberseguridade e a necesidade de dar máis visibilidade ao sector entre a mocidade e as mulleres.
O 26 de xaneiro de 2024 ás 17:00 h, no Hotel Finisterre (A Coruña), dará comezo a IV edición do ForoTelecos Galicia.
O Colexio Oficial e a Asociación de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia aglutinan os profesionais das tecnoloxías da información.
O ForoTelecos nace como un encontro de profesionais TIC de Galicia, onde se comparten coñecementos, se analizan tendencias e se recoñece o bo facer e a innovación dos nosos profesionais. Este evento é o marco idóneo para xuntar todos os colexiados, e quixemos seguir abrindo a participación a máis axentes do sector TIC, de maneira que nos acompañarán empresas, profesionais, universidades e personalidades da administración estatal destacadas no sector tecnolóxico e da innovación.
PREMIOS ENXEÑO 2023
Aproveitamos o evento para entregar os premios «Enxeño das Telecomunicacións – COETTGA/AGGETT».
Un ano máis temos nova edición dos premios Enxeño: esta será a cuarta edición de galardóns que recoñecen a traxectoria de profesionais e entidades no mundo das telecomunicacións.
PROGRAMA FOROTELECOS23
- A ciberseguridade é un reto tecnolóxico no que ás telecomunicacións se refire.
- Evento formativo para colexiados.
- Encontro de confraternización.
- Entrega dos Premios Enxeño 2023.
17:00 h. – Apertura de portas
17:30 h. – «INCIBE, a ferramenta de ciberseguridade na sociedade dixital», impartida polo subdirector de INCIBE-CERT e CISO de INCIBE, Marcos Gómez Hidalgo.
18:00 h. – «Historias de Hackers e Raposos. Aproveitando o malware as a service para volvérmonos máis fortes», con Bernardo Viqueira Hierro, consultor de seguridade e socio en DooingIT.
18:30 h. – Pausa
19:00 h. – Mesa redonda: retos e tendencias da ciberseguridade nas empresas
Moderador:
Pablo Escapa Gordón
Interveñen:
Director de BE:SEC en EMETEL, Fernando Segura Castro
Analista de Seguridade de Optare Solutions, Israel Valcárcel García
20:00 h. – Recepción de convidados
20:30 h. – Entrega dos PREMIOS ENXEÑO 2023
21:30 h. – Cea de gala
23:00 h. – Clausura
A ciberseguridade nas telecomunicacións non é só unha opción: é unha necesidade. É como un escudo invisible que protexe a nosa información persoal, os datos corporativos e a infraestrutura crítica que sostén as nosas comunicacións.
Nesta nova edición do ForoTelecos reivindicaremos o seu importante papel e a necesidade de dar máis visibilidade ao sector.
Todas as xornadas contan co apoio institucional do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE).
PATROCINADORES
