Ir ao contido

Política de cookies

Última actualización: 21 de setembro de 2026. Lista comprobada ese día sobre as páxinas que serve a web.

1. Que son as cookies

As cookies son pequenos ficheiros que unha web garda no seu navegador para lembrar información entre unha páxina e outra ou entre unha visita e a seguinte. Esta política tamén abrangue tecnoloxías semellantes, como o almacenamento local do navegador (localStorage e sessionStorage) e a descarga de elementos desde outros servidores.

Responsable: Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT), NIF Q2866008B, a través da súa demarcación en Galicia, que usa o nome Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA). Domicilio social: C/ Edgar Neville, 33, 1.º D, 28020 Madrid. Contacto en Galicia: Avenida de La Habana, 54, baixo, 32004 Ourense; teléfono +34 684 79 21 44; info@coettga.es. Delegado de protección de datos: dpo@coitt.es. Máis información sobre como tratamos os seus datos na Política de privacidade.

2. Como decide vostede

Ao entrar por primeira vez, a web amosa un aviso de cookies (xestionado co complemento Complianz) con tres opcións: Aceptar, Denegar e Ver preferencias. Nas preferencias pode activar ou desactivar cada categoría:

  • Funcional: sempre activa. Son as cookies técnicas imprescindibles para que a web funcione e para lembrar a súa escolla. Non precisan consentimento.
  • Preferencias: hoxe a web non usa cookies desta categoría.
  • Estatísticas: miden como se usa a web.
  • Márketing: servizos de terceiros que poden seguir a súa navegación, como os mapas de Google.

Rexeitar as cookies non técnicas é tan doado como aceptalas, e a web funciona igual. Pode cambiar a súa decisión en calquera momento co botón «Xestionar o consentimento», que aparece en todas as páxinas unha vez que escolleu. A súa escolla gárdase 365 días; pasado ese prazo, volveremos preguntarlla.

Estado a 21 de setembro de 2026: o bloqueo previo ao consentimento está activo para todos os servizos desta lista agás Google Analytics, que aínda se carga antes de que vostede escolla e está en corrección. Mentres tanto, se non quere que se instalen as súas cookies, pode bloquealas desde o seu navegador, como se explica no apartado 4.

3. Cookies e tecnoloxías que usa esta web

3.1. Técnicas (non precisan consentimento)

Só para as persoas que administran a web (non afectan aos visitantes): wordpress_logged_in_…, wordpress_sec_…, wordpress_test_cookie, wp-settings-…, wp-settings-time-…, wp_lang (WordPress) e wfwaf-authcookie-… (devasa Wordfence). Serven para iniciar sesión e lembrar os axustes do panel.

Seguridade da rede: Cloudflare, que protexe a web, pode instalar cookies técnicas de seguridade como __cf_bm para distinguir persoas de robots.

3.2. Estatísticas (só co seu consentimento)

Jetpack Stats respecta o sinal «Non rastrexar» (Do Not Track) do navegador. Como se indica no apartado 2, o código de Google Analytics aínda se carga antes da súa escolla; está en corrección.

3.3. Márketing (só co seu consentimento)

Esta web non amosa publicidade e non usa servizos de publicidade comportamental.

3.4. Servizos que se cargan desde outros servidores

Estes servizos non instalan cookies en forotelecos.com, pero o seu navegador conéctase aos servidores doutras empresas, que reciben o seu enderezo IP:

  • Google reCAPTCHA v3 (www.google.com e www.gstatic.com): protexe os formularios fronte a robots. Google pode gardar o dato _GRECAPTCHA no seu propio dominio.
  • Ficheiros de WordPress desde c0.wp.com (Automattic) e s.w.org (WordPress.org).

Os tipos de letra da web sérvense desde o propio servidor, non desde os servidores de Google.

4. Como borrar ou bloquear as cookies desde o seu navegador

Ademais do aviso de cookies, pode borrar ou bloquear as cookies desde a configuración do seu navegador:

Se bloquea as cookies técnicas, é posible que algunhas partes da web non funcionen, por exemplo a confirmación de asistencia.

5. Transferencias internacionais

Google, Automattic e Cloudflare son empresas dos Estados Unidos. As transferencias de datos que supoñen os seus servizos explícanse no apartado 6 da Política de privacidade.

6. Cambios nesta política

Revisaremos esta lista cando a web incorpore ou retire servizos. A data da última actualización figura ao principio.

Scroll ao inicio