III edición do ForoTelecos Galicia 2022

Telecomunicaciones Galicia ForoTelecos 2023 forotelecos galicia coitt coettga jose manuel martinez decano teleco olmedo sebastian amtega teixeira pitt rodas murcia andalucia canarias

Xornadas de encontro, networking, premios de recoñecemento, presentacións e reivindicacións: todo isto tivo lugar no III ForoTelecos Galicia.

Celebrado para visibilizar e poñer en valor o traballo diario dos «telecos galegos» e potenciar a imaxe do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA).

O Hotel Oca Puerta del Camino foi o escenario elixido, ao que acudiron máis de medio cento de enxeñeiros técnicos de toda Galicia, representantes doutros colexios homónimos e autoridades para apoiar esta terceira edición do ForoTelecos.

José Manuel Martínez, decano do COETTGA, dirixiu unhas palabras para reivindicar «a presenza e a capacidade de adaptación e desenvolvemento dos enxeñeiros técnicos en telecomunicacións naquelas esferas públicas que teñen que potenciar a dixitalización e a implantación das novas tecnoloxías».

Lembrou tamén que «o traballo do COETTGA é representar este colectivo e darlle visibilidade, así como respaldar iniciativas e proxectos relacionados coas TIC e cos retos dos seus profesionais».

Os representantes do COETTGA fixeron tamén a entrega dos Premios Enxeño 2023, unha terceira edición de galardóns que recoñecen a traxectoria de profesionais e entidades no mundo das telecomunicacións.

Premio Enxeño 2023 á Delegación de Alumnos de Telecomunicacións, polo seu labor de representación das novas xeracións dentro da profesión.

Premio Enxeño 2023 á Asociación Galega de Blockchain e IoT (AGALBIT), por tratarse dunha iniciativa innovadora que proxecta as telecomunicacións na sociedade actual.

Premio Enxeño 2023 á Rede de Robótica Educativa, por levar as telecomunicacións e as novas tecnoloxías ás aulas desde idades moi temperás, onde se forxarán os futuros profesionais do noso sector.

Premio Enxeño 2023 á «Enxeñeira do Ano», á traxectoria da colexiada Emilia Seoane, adxunta á dirección técnica de RETEGAL, recentemente xubilada. Sempre visibilizou e defendeu o papel da muller nun sector eminentemente masculino.