Última actualización: 21 de setembro de 2026.
Esta política explica que datos persoais se tratan a través da web forotelecos.com e na organización do ForoTelecos Galicia, para que, con que base legal, durante canto tempo, con quen se comparten e como pode exercer os seus dereitos. As cookies e as tecnoloxías semellantes explícanse con detalle na Política de cookies.
1. Responsable do tratamento
- Responsable: Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT), a través da súa demarcación en Galicia, que usa o nome Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA).
- NIF: Q2866008B. É o NIF do COITT, que usa tamén a súa demarcación en Galicia.
- Domicilio social: C/ Edgar Neville, 33, 1.º D, 28020 Madrid.
- Contacto en Galicia: Avenida de La Habana, 54, baixo, 32004 Ourense. Teléfono +34 684 79 21 44. Correo electrónico info@coettga.es e, para todo o relativo ao ForoTelecos Galicia, gabinete.decano@coettga.es.
- Delegado de protección de datos: dpo@coitt.es (ver o apartado 2).
Nesta política, «o COETTGA» e «o Colexio» refírense ao COITT, que actúa a través da súa demarcación en Galicia.
O ForoTelecos Galicia é a gala anual do COETTGA, que o organiza xunto coa Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AGGETT). O responsable dos tratamentos descritos nesta política é unicamente o COITT, a través do COETTGA.
Esta política abrangue só a web forotelecos.com e a organización do ForoTelecos Galicia. Os demais tratamentos do Colexio (por exemplo, os da colexiación) explícanse na política de privacidade xeral do COITT (en castelán).
2. Delegado de protección de datos
O COITT ten un delegado de protección de datos (DPD). Pode escribirlle a dpo@coitt.es ou por correo postal a C/ Edgar Neville, 33, 1.º D, 28020 Madrid, á atención do delegado de protección de datos.
3. Resumo
| Que facemos | Que datos | Para que | Base xurídica | Ata cando |
|---|---|---|---|---|
| Confirmación de asistencia con ligazón persoal | Identificación e contacto, resposta de asistencia, rexistro das aperturas da ligazón | Xestionar a asistencia ao VII ForoTelecos Galicia | Misión de interese público e funcións propias do Colexio (art. 6.1.e RXPD) | 31 de decembro de 2026 |
| Alerxias e intolerancias | Datos de saúde que vostede nos indique | Adaptar o seu menú na cea de gala | O seu consentimento expreso (art. 9.2.a RXPD) | 31 de outubro de 2026, con borrado automático |
| Invitacións institucionais | Nome, cargo, institución, correo | Cursar a invitación | Art. 6.1.e RXPD e art. 19 LOPDGDD | 31 de decembro de 2026 |
| Comunicacións sobre o patrocinio | Datos de contacto profesional | Xestionar o patrocinio do ForoTelecos | Interese lexítimo (art. 6.1.f RXPD) | Mentres dure a relación de patrocinio ou ata que vostede se opoña |
| Formularios de contacto e patrocinio da web | Os que escriba no formulario, máis a IP e o navegador desde os que o envía | Responder á súa consulta e enviarlle o dossier se o pide | Petición súa previa a un posible acordo (art. 6.1.b RXPD) e o seu consentimento (art. 6.1.a RXPD) | 12 meses desde o envío |
| Comentarios do blog | Nome, correo, web, comentario, IP | Publicar e moderar o seu comentario | O seu consentimento (art. 6.1.a RXPD) | Mentres o comentario estea publicado |
| Fotografías e vídeo do acto | Imaxe e voz | Difundir a actividade do Colexio e da profesión | Interese lexítimo (art. 6.1.f RXPD) | Arquivo histórico do ForoTelecos; retirada a petición |
| Navegación e seguridade | Enderezo IP, navegador, páxinas visitadas | Servir a web e protexela de ataques | Interese lexítimo na seguridade (art. 6.1.f RXPD) | Segundo o prazo de cada provedor |
| Estatísticas | Identificadores de cookies, uso da web | Saber como se usa a web | O seu consentimento (art. 6.1.a RXPD) | Ver a Política de cookies |
4. Tratamentos en detalle
4.1. Confirmación de asistencia por ligazón persoal
O acceso ao ForoTelecos Galicia é só por invitación persoal e intransferible. Cada persoa invitada recibe unha ligazón persoal á páxina forotelecos.com/confirmacion/, desde a que confirma se asistirá.
Datos que tratamos
- Os que xa figuran na invitación: tratamento, nome, cargo, entidade, correo electrónico, teléfono se o temos, idioma da invitación e grupo de invitados.
- Os que vostede nos dá na páxina: se asistirá, se asistirá á xornada técnica, e os cambios que faga no seu nome, cargo, entidade, correo ou teléfono. Se cambia o seu correo, conservamos tamén aquel ao que lle enviamos a invitación, que é o que identifica a súa invitación na nosa lista.
- Data e hora da súa resposta.
- Observacións, se escribe algunha.
- Alerxias ou intolerancias, só se as indica e marca a caixa de consentimento (ver 4.2).
- Rexistro das aperturas da ligazón: cantas veces se pediu a ligazón (esta cifra inclúe as comprobacións automáticas que fan algúns antivirus de correo), cantas veces se viu a páxina nun navegador, e a data e hora da primeira e da última visita. O sistema de confirmación non garda o seu enderezo IP.
Para que: preparar o acto (aforamento, protocolo, acreditacións e cea de gala) e saber quen recibiu e consultou a invitación.
Base xurídica: o exercicio das funcións propias do Colexio como corporación de dereito público (art. 6.1.e RXPD). Se o invitamos por razón do seu cargo, tamén o art. 19 da Lei orgánica 3/2018 (LOPDGDD), sobre datos de contacto profesional.
Como funciona a ligazón: ao abrila, o código da invitación gárdase nunha cookie técnica do seu navegador e quítase do enderezo da páxina, para que non quede no historial nin chegue a outros servizos. A cookie caduca, como moi tarde, o 17 de outubro de 2026 ás 23:59, que é cando a ligazón deixa de funcionar. Se outra persoa usa o seu dispositivo, pode premer «Non é vostede esta persoa? Pechar a invitación neste dispositivo».
Orixe dos datos: cando non nolos facilitou vostede, proceden de fontes de acceso público (páxinas web institucionais e corporativas, boletíns e directorios oficiais), da súa relación institucional ou profesional previa co Colexio, ou da súa participación en edicións anteriores do ForoTelecos Galicia.
Conservación: ata o 31 de decembro de 2026. Despois bórranse, salvo que unha lei obrigue a conservalos máis tempo. As observacións bórranse o 31 de outubro de 2026, xunto coas alerxias.
4.2. Alerxias e intolerancias (datos de saúde)
A información sobre alerxias ou intolerancias é un dato de saúde e ten unha protección especial.
- Só a tratamos se vostede a escribe e marca a caixa de consentimento expreso. Se non marca a caixa, non se garda.
- Única finalidade: adaptar o seu menú na cea de gala do 16 de outubro de 2026.
- Base xurídica: o seu consentimento expreso (art. 9.2.a RXPD).
- Destinatario: o servizo de catering encargado da cea de gala. Recibe só unha listaxe co nome, a entidade e a alerxia ou intolerancia das persoas que confirmaron a súa asistencia e deron o seu consentimento; a web xera esa listaxe sen ningún outro dato.
- Proba do consentimento: gardamos a data, a versión do texto que aceptou e o idioma, para poder demostrar que o deu.
- Pola súa privacidade, a páxina non volve amosar as alerxias gardadas, aínda que volva abrir a ligazón.
- Retirada: pode retirar o consentimento cando queira marcando «Borrar as alerxias ou intolerancias que indiquei» na ligazón da súa invitación (a ligazón funciona ata o 17 de outubro de 2026 ás 23:59), ou escribindo a gabinete.decano@coettga.es. Se responde que non asistirá, tamén se borran.
- Conservación: bórranse automaticamente o 31 de outubro de 2026. Despois do borrado conservamos só a proba do consentimento (data, versión do texto e idioma) e a data en que se retirou ou se borrou, sen o dato de saúde.
4.3. Invitacións institucionais
O COETTGA envía invitacións a autoridades e representantes de institucións por razón do seu cargo, desde o correo electrónico do Colexio (Google Workspace).
- Datos: tratamento, nome, cargo, institución e correo electrónico.
- Base xurídica: art. 6.1.e RXPD e art. 19 LOPDGDD (datos de contacto profesional).
- Orixe: fontes de acceso público (páxinas web institucionais, boletíns e directorios oficiais) e a relación institucional previa co Colexio.
- Conservación: ata o 31 de decembro de 2026.
Estas invitacións non son comunicacións comerciais.
4.4. Comunicacións sobre o patrocinio
O COETTGA escribe a empresas do sector para ofrecerlles o patrocinio do ForoTelecos Galicia. Os envíos fanse coa plataforma Brevo.
- Datos: nome da empresa, persoa de contacto e correo electrónico profesional.
- Base xurídica: o interese lexítimo do Colexio en manter a relación cos patrocinadores de edicións anteriores e en buscar patrocinio para unha actividade propia do sector (art. 6.1.f RXPD). Aos patrocinadores de edicións anteriores escríbeselles ao abeiro do art. 21.2 da Lei 34/2002 (LSSI).
- Orixe: a relación previa co ForoTelecos ou o enderezo de contacto xeral que a empresa publica.
- Oposición: pode darse de baixa de forma inmediata e gratuíta coa ligazón que leva cada correo ou escribindo a prensa@coettga.es.
- Conservación: mentres dure a relación de patrocinio ou ata que se opoña. Gardamos o enderezo de quen se dá de baixa só para non volver escribirlle.
4.5. Formularios de contacto e de patrocinio da web
A portada e a páxina /contacto/ teñen un formulario para facer consultas sobre o ForoTelecos Galicia e o seu patrocinio.
- Datos: nome, apelidos, empresa, cargo, teléfono, correo electrónico, a mensaxe que escriba e se quere recibir o dossier. Con cada envío rexístranse ademais, de forma automática, a data e a hora, a páxina desde a que o envía, o seu enderezo IP e os datos do seu navegador.
- Onde se gardan: cada envío queda gardado na base de datos da web, aloxada por Hostinger nun servidor de Phoenix (EUA) (ver os apartados 5 e 6), e ademais envíase por correo electrónico ao buzón do Colexio info@coettga.es, que funciona con Google Workspace.
- Quen os ve: as persoas do Colexio que atenden ese buzón e quen administra a web (ver o apartado 10).
- Para que: responder á súa consulta e, se marca a caixa correspondente, enviarlle o dossier de patrocinio. A caixa do dossier é opcional.
- Base xurídica: a súa petición, como paso previo a un posible acordo de patrocinio (art. 6.1.b RXPD), e o seu consentimento para recibir o dossier (art. 6.1.a RXPD).
- Protección contra o correo lixo: o formulario usa Google reCAPTCHA v3 (ver 4.8).
- Conservación: 12 meses desde o envío, tanto na base de datos da web como no buzón do Colexio. Se a consulta remata nun acordo de patrocinio, os datos necesarios consérvanse coa documentación do acordo durante os prazos que esixa a lei.
4.6. Comentarios do blog
Algunhas entradas do blog admiten comentarios.
- Datos: nome, correo electrónico, web (opcional), o comentario, o enderezo IP e os datos do navegador.
- Para que: publicar o comentario e moderalo. O correo electrónico non se publica.
- Base xurídica: o seu consentimento, que dá ao enviar o comentario (art. 6.1.a RXPD).
- Cookie opcional: se marca a caixa para gardar os seus datos, o seu navegador lémbraos para o próximo comentario (ver a Política de cookies).
- Conservación: mentres o comentario estea publicado. Pode pedir que o borremos en calquera momento.
4.7. Fotografías e vídeo do acto
Durante o ForoTelecos fanse fotografías e vídeo, e o Colexio publica unha selección nesta web, nas súas redes sociais e en medios de comunicación, como fixo en edicións anteriores.
- Base xurídica: o interese lexítimo do Colexio en difundir a súa actividade e a da profesión (art. 6.1.f RXPD). O acto é unha gala profesional con presenza de prensa e de equipo de fotografía.
- Se non quere aparecer: dígallo ao equipo de fotografía durante o acto ou escriba a gabinete.decano@coettga.es ou ao DPD (dpo@coitt.es) para que retiremos unha imaxe xa publicada.
- Conservación: as fotografías e os vídeos forman parte do arquivo histórico do ForoTelecos Galicia e consérvanse mentres o Colexio manteña publicada a memoria das súas edicións. Pode pedir a retirada dunha imaxe súa en calquera momento.
4.8. Navegación, aloxamento e seguridade
Para que a web funcione e estea protexida, ao visitala trátanse de forma técnica o seu enderezo IP, os datos do seu navegador e as páxinas que pide.
- Aloxamento: a web está aloxada en Hostinger, que garda rexistros técnicos de acceso.
- Rede de distribución e protección (CDN): todas as visitas pasan por Cloudflare, que protexe a web fronte a ataques e acelera a carga das páxinas.
- Devasa da web: o complemento Wordfence analiza as peticións para bloquear ataques e garda un rexistro dos eventos de seguridade coa IP que os causa. O rexistro de todas as visitas («tráfico en vivo») está desactivado.
- Protección do acceso de administración: Jetpack (Automattic) protexe o formulario de acceso dos administradores fronte a intentos masivos de entrar.
- reCAPTCHA v3 de Google: cárgase nas páxinas con formulario para distinguir persoas de robots. Google trata para iso datos do navegador e da interacción coa páxina.
- Base xurídica: o interese lexítimo na seguridade da web e dos seus usuarios (art. 6.1.f RXPD).
- Conservación: a que aplique cada provedor aos seus rexistros técnicos, segundo as súas condicións de servizo.
4.9. Estatísticas de uso
Se o acepta no aviso de cookies, a web usa Google Analytics 4 (a través do complemento Google Site Kit) e Jetpack Stats (Automattic) para saber cantas persoas a visitan e que páxinas consultan. Base xurídica: o seu consentimento (art. 6.1.a RXPD). Detalle na Política de cookies.
Estado a 21 de setembro de 2026: o bloqueo previo ao consentimento funciona para Jetpack Stats, pero o código de Google Analytics aínda se carga antes de que vostede escolla no aviso de cookies. Está en corrección. Mentres tanto pode impedir as súas cookies desde a configuración do seu navegador, como se explica no apartado 4 da Política de cookies.
4.10. Contidos doutros servidores
Para amosar a web, o seu navegador descarga algúns elementos directamente doutros servidores, que reciben por iso o seu enderezo IP:
- Ficheiros de WordPress servidos desde c0.wp.com (Automattic) e s.w.org (WordPress.org).
- Mapas de Google Maps, só se os activa no aviso de cookies.
Os tipos de letra da web sérvense desde o propio servidor, non desde os servidores de Google.
5. Quen recibe os datos
Non cedemos os seus datos a terceiros salvo obriga legal. Estes provedores trátanos por conta do COETTGA (encargados do tratamento), só para prestar o seu servizo:
| Provedor | Servizo | Localización |
|---|---|---|
| HOSTINGER, UAB | Aloxamento da web e da súa base de datos (incluídos os envíos dos formularios e as respostas ás invitacións) | Empresa en Lituania (UE); o servidor desta web está en Phoenix (EUA) |
| Cloudflare, Inc. | Rede de distribución e protección da web | EUA e rede mundial |
| Google (Google Workspace) | Correo electrónico do Colexio (info@, gabinete.decano@, prensa@coettga.es), ao que chegan tamén os formularios da web | UE e EUA |
| Sendinblue SAS (Brevo) | Envío das comunicacións sobre o patrocinio | Francia (UE) |
| Automattic, Inc. (Jetpack) | Estatísticas, protección do acceso e ficheiros de WordPress | EUA |
| Defiant, Inc. (Wordfence) | Devasa da web | EUA |
| SOC Comunicación | Xestión técnica da web e do sistema de confirmación. Administra a web e, por iso, pode acceder aos datos que garda | España |
| ManageWP (GoDaddy) | Mantemento remoto de WordPress, con acceso de administrador | EUA |
| Servizo de catering da cea de gala | Cea de gala: recibe só as alerxias consentidas | España |
Google, no que se refire a Google Analytics, reCAPTCHA e Google Maps, trata ademais algúns datos como responsable propio, segundo as súas condicións.
6. Transferencias internacionais
Algúns provedores (Google, Cloudflare, Automattic, Defiant e GoDaddy) son empresas dos Estados Unidos ou usan servidores fóra do Espazo Económico Europeo. Ademais, o servidor no que Hostinger aloxa esta web e a súa base de datos está nos Estados Unidos (Phoenix, Arizona). Esas transferencias apóianse na decisión de adecuación da Comisión Europea sobre o Marco de Privacidade de Datos UE-EUA, para as empresas adheridas a el, ou nas cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión, que forman parte do contrato de encargo de cada provedor.
7. Os seus dereitos
Pode pedir en calquera momento:
- Acceso: saber que datos seus tratamos.
- Rectificación: corrixir os que sexan inexactos.
- Supresión: que os borremos.
- Oposición: que deixemos de tratalos, por motivos relacionados coa súa situación particular.
- Limitación: que os conservemos sen usalos, en certos casos.
- Portabilidade: recibilos nun formato de uso común, cando o tratamento se basee no seu consentimento ou nun contrato.
Como: escriba a info@coettga.es ou ao DPD (dpo@coitt.es), ou por correo postal ao enderezo de contacto en Galicia ou ao domicilio social do COITT (ver o apartado 1), indicando que dereito quere exercer. Se temos dúbidas sobre a súa identidade, pedirémoslle que a acredite. Responderémoslle no prazo dun mes.
Reclamación: se considera que non atendemos ben a súa solicitude, pode reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es, C/ Jorge Juan 6, 28001 Madrid).
8. Retirada do consentimento
Cando o tratamento se basea no seu consentimento, pode retiralo en calquera momento, sen que iso afecte ao feito antes de retiralo:
- Alerxias: desde a ligazón da súa invitación (ata o 17 de outubro de 2026) ou escribindo a gabinete.decano@coettga.es.
- Cookies: co botón «Xestionar o consentimento», que aparece en todas as páxinas unha vez que escolleu.
- Comunicacións sobre o patrocinio: coa ligazón de baixa de cada correo ou escribindo a prensa@coettga.es.
- Calquera outro caso: escribindo a info@coettga.es ou ao DPD (dpo@coitt.es).
9. Menores de idade
A web e o ForoTelecos Galicia están dirixidos a profesionais, institucións e empresas. Non tratamos conscientemente datos de menores de 14 anos. Se detectamos que nos chegou algún, borrarémolo.
10. Seguridade
A web funciona con conexión cifrada (HTTPS). As ligazóns persoais usan un código aleatorio que non se pode adiviñar, e a páxina de confirmación non se garda en ningunha caché nin a indexan os buscadores. Dentro da web, as respostas ás invitacións e os envíos dos formularios só se poden consultar desde o panel de administración da web. Hoxe teñen acceso de administrador dúas contas do equipo técnico de SOC Comunicación, que xestiona a web por encargo do Colexio, e o servizo de mantemento remoto ManageWP (ver o apartado 5).
11. Cambios nesta política
Se cambiamos esta política, publicaremos a nova versión nesta páxina coa súa data. Se o cambio afecta a un tratamento baseado no seu consentimento, comunicarémosllo.
