I edición do ForoTelecos Galicia 2020
O Colexio Oficial de Graduados en Enxeñaría Técnica de Telecomunicación de Galicia desenvolverá un foro dos profesionais TIC, convidando a todos os profesionais de Galicia a participar nun evento que dará visibilidade á importancia do coñecemento das tecnoloxías da información e da comunicación como factor esencial para o desenvolvemento socioeconómico.
Como colectivo galego temos unha vinculación especial con Vigo, xa que a nosa Escola de Telecomunicación se sitúa no campus vigués e un número importante de empresas do sector tecnolóxico son da cidade; por iso precisamos a implicación institucional da Administración local.
Como participantes neste foro estarán representadas as grandes empresas do sector das telecomunicacións, tanto fabricantes coma operadoras, así como destacados profesionais do sector.
